EEI SAN ROQUE – curso 2018-19
Queridas familias:
Os centros educativos que formamos a Microrrede da Mariña das bibliotecas escolares PLAMBE (www.microrredeamarina.blogspot.com) un ano máis queremos propoñervos unha actividade co gaio das Letras Galegas baixo o titulo “ A POESÍA QUE SENTIMOS”. Ademais dos obxectivos de expresión escrita, plástica e creatividade queremos contribuír a dar visibilidade ao papel que desempeña a POESÍA como xeito de expresión dos nosos sentimentos, como educación emocional e como medio ou recurso para empatizar coa realidade que nos rodea.
Dende o centro solicitamos a vosa colaboración para elaborar un traballo plástico e literario, nesta ocasión un marcapáxinas a partirdunha estrofa, que fai referencia a algúns dos cinco sentidos, creada polas vosas fillas e fillos coa axuda das titoras :
BOLBORETA QUE VOAS
LUCINDO CORES FERMOSAS,
E NO CEO O ARCO DA VELLA
ANUNCIANDO A PRIMAVERA.
Podedes decorar ese marcapáxinas cos materiais e técnicas que máis vos gusten (materiais de refugallo, cartóns, teas, pinturas de todo tipo, plastilina,...), nunha das caras debe aparecer escrita a estrofa, que será diferente para cada aula. Somos coñecedores da vosa creatividade e da das nenas e nenos e valoramos moito a vosa participación.
Recordade que está actividade ten carácter COLABORATIVO: entre centros da Microrrede, entre as familias e a escola e entre os membros das familias.
Os traballos serán expostos na entrada do colexio dende o día 23 ata o 30 de maio. Exposición que podedes visitar na primeira e na última sesión de cada día e os luns e mércores de 16 a 17 horas. Polo que, o prazo de entrega do marcapáxinas a cada titora será antes do día 23 de maio de 2019.
Posteriormente todos os traballos da Microrrede estarán expostos ao público na Sala de Usos Múltiples e de Exposicións da Biblioteca do Concello de Viveiro entre o 4 e o 7 de xuño de 2019.
Esperamos as vosas creacións!
Equipo de Dinamización da Biblioteca
Equipo de dinamización da lingua galega
TEATRO DE SOMBRAS | hai 12 anos 47 semanas |
International Day of peace | hai 6 anos 39 semanas |
Pictogramas | hai 6 anos 39 semanas |
DIA DE ROSALÍA | hai 6 anos 39 semanas |
A BIBLIOTECA DE LIBRÍN | hai 6 anos 8 semanas |