Ensinamos unha adaptación do Xogo da amizade de Mª Ángeles Ferrándiz a tódolos nenos/as para logo facelo de forma conxunta o Día da Paz.
Día da Paz
30 de xaneiro
¿Que celebramos hoxe?
...
Para celebrar este día, ¿queredes xogar ó xogo da amizade?
...
Pero, ¿sodes todos amigos/as?
...
Todos atentos que o xogo comeza xa:
1) Cando diga un, un salto tes que dar
levantando os brazos, intentando o ceo tocar.
2) Cando diga dous, busca a un compañeiro/a e dalle dous bicos.
3) Cando diga tres, pensa nunha pomba e imítaa un pouco.
4) Cando diga catro, dámonos abrazos.
5) Cando diga cinco, dá unbrinco, ou dous, ou tres, ou catro, ou cinco.
6) Cando diga seis, camiña un anaquiño ó revés.
7) Cando diga sete, descansa un pouco se queres.
8) Cando diga oito, podemos acariciarnos moito.
9) Cando diga nove, dámonos a man.
10) E por fin chegamos ó dez e para celebralo bicos, caricias
e abrazos nos damos.
Adaptación do Xogo da Amizade
de Mª Ángeles Ferrándiz