Skip to Content

Plurinfantil

ST. PATRICK^S DAY

 

Clica na imaxe

 

THANKSGIVING - ACCIÓN DE GRACIAS

Este mércores coñecemos un pouco máis de preto o significado de Thanksgiving, en galego: Día de acción de gracias, unha festa nacional celebrada en Estados Unidos, o país de orixe de Alison Puma (nai dun alumno da nosa escola). Contounos cousas moi interesantes!!

SOMOS CENTRO PLURINFANTIL

Na RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se autorizan centros educativos para impartir o programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) para o curso 2022/23 figura a nosa escola.

Plurinfantil fai referencia ás habilidades plurilingües na etapa da Ed. Infantil, é dicir, que un terzo das horas lectivas serán impartidas en inglés.

O noso proxecto plurilingüe contempla un incremento das sesións, en lingua inglesa, con diferentes actividades de expresión oral (speaking), rutinas e vocabulario adaptado a cada grupo de idade.

Nesta etapa a capacidade cognitiva e de adquisición da información está no seu máximo nivel, resultando o proceso máis sinxelo e duradeiro. A inclusión doutro idioma facilitará o gran reto que supón a aprendizaxe dunha segunda lingua en etapas posteriores, de aí a importancia na continuidade.

Por todo isto grazas a este proxectos o noso alumnado ten contacto coa lingua inglesa dende unha idade temperá, ofrecendo a posibilidade de desenvolver a comprensión e expresión en inglés de maneira lúdica e natural.

Ao longo deste curso imos ter a sorte de contar coa presenza da auxiliar de conversa británica Charlotte Kenyon durante 8 horas semanais repartidas entre os mércores e venres, o que suporá un enorme pulo no noso proceso de inmersión lingüística.

HALLOWEEN 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut