Skip to Content

PROGRAMACIÓN MESES

No apartado Actividades (Programación meses) atópase a programación do mes de Xuño de 2014.

PROGRAMACIÓN MES MAIO 2014

No apartado Actividades (Programación Meses) atópase a programación do mes de Maio de 2014.

COMUNICACIÓNS VARIAS

Interesante visitar os seguintes apartados : 

- Actividades (Programación meses) atópase a programación do mes de Abril.

- Actividades ( Complementarias) horario danza rexional

- Actividades(Escolares) charlas taller postural

- Biblioteca (Animación a lectura) contos didácticos 

PROGRAMACIÓN MESES

No apartado Actividades ( Programación Meses) atópase a Programación dos meses de Febreiro e Marzo.

ALERTA METEOROLÓXICA ( TEMPORAL)

Venres  7 de Febreiro de 2014

 

       Xov, 06/02/2014 - 14:18
 A Comisión Escolar de Alertas determina a suspensión das actividades no exterio

A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos da provincia da Coruña e na Mariña lucense a partir das 18 horas deste venres 7 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de vento de máis de 100 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas, e no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (laranxa) e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace web http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf .

ALERTA METEOROLÓXICA (TEMPORAL)

Xoves 6 de Febreiro de 2014

A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de máis de 110 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas, e no caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (laranxa) e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

INFORMACIÓN : PORTAL EDUCATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

ALERTA METEOROLÓXICA (TEMPORAL)

Mércores 5 de Febreiro de 2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comunica que este mércores 5 de febreiro os centros educativos en toda a comunidade autónoma permaneceran abertos.

Diante dunha previsión de nivel de alerta amarelo non se suspende ningún tipo de actividade educativa, xa que o adverso permitirá a apertura dos centros escolares coa conseguinte normalidade na realización da todo o traballo docente, transporte escolar, actividades no exterior e extraescolares.

A Consellería sinala que a decisión de manter os centros educativos abertos é debido a que as previsións meteorolóxicas garanten a seguridade para toda a comunidade educativa. Ademais cómpre recordar que a previsión de alerta vermella é relativa ao mar.

INFORMACIÓN : PORTAL EDUCATIVO DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

30 DE XANEIRO : DÍA DA PAZ

Mensaxe día da PAZ( Arquivo adxunto)

O alumnado leva para a casa os traballos realizados na clase co motivo do día da Paz..

PROGRAMACIÓN MES DE DECEMBRO DE 2103

No apartado Actividades (Programación meses) atópase a prgramación de mes de Decembro de 2013.

CHARLAS TALLER POSTURAL

Ver apartado Actividades(Escolares-Ed.Infantil)

Distribuir contido


by Dr. Radut