FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25
O alumnado de 4º educación infantil admitido no centro deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño ambos incluídos, segundo o previsto no capítulo IV da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Horario secretaría: 9.30 a 11.15h.
Entregarase na secretaría do centro a documentación que a continuación se relaciona.
- IMPRESO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (documento adxunto).
- OPCIÓN SOBRE O ENSINO DA RELIXIÓN/ATENCIÓN EDUCATIVA (documento adxunto).
- AUTORIZACIÓN USO DA IMAXE PERSOAL DO ALUMNADO (documento adxunto).
- CUESTIONARIO SOBRE A LINGUA MATERNA DO ALUMNADO (documento adxunto).
- AUTORIZACIÓN PARA A SAÍDA Á CONTORNA.
- RECOLLIDA DE DATOS (documento adxunto)
- FOTOCOPIA DO DNI D@ ALUMN@
- FOTOCOPIA DA TARXETA DE PRESTACIÓN SANITARIA DA ALUMNA/O.
- FOTOCOPIA DOS DNI DOS PROXENITORES (só as familias que non entregaron copia en marzo).
- FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA (só as familias que non entregaron copia en marzo)
- NO CASO DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO, COPIA COMPULSADA DA SENTENZA XUDICIAL E/OU DO CONVENIO REGULADOR ONDE CONSTE A CUSTODIA DA ALUMNA/O.
- 2 FOTOS TAMAÑO CARNET.
Os documentos editables figuran nos adxuntos.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMPRESO_FORMALIZACIÓN_MATRÍCULA EDITABLE.pdf | 142.56 KB |
RELIXIÓN ATENCIÓN EDUCATIVA.pdf | 52.62 KB |
AUTORIZACIÓN DE USO DA IMAXE DO ALUMNADO.pdf | 53.74 KB |
CUESTIONARIO LINGUA MATERNA.pdf | 47.49 KB |
AUTORIZACIÓN SAÍDA A CONTORNA.pdf | 46.79 KB |
FICHA DE DATOS EDITABLE.pdf | 752.08 KB |
DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA.pdf | 734.65 KB |