Skip to Content

CHARLA SOBRE BENESTAR E COIDADO ANIMAL

Jesús Cantalapiedra é un veterinario funcionario da Xunta de Galicia que acudiu á nosa escola para ensinar ás nosas nenas e nenos o que supón ter unha mascota. Fixo fincapé en que "unha mascota non é sinónimo de xoguete" polo que debemos prestarlle unha serie de coidados e garantizar o seu benestar.

Tamén nos recordou que se estamos pensando en ter mascota, xa sexa un can ou gato, a mellor opción é a adopción.

Moitas grazas, Jesús, polas túas ensinanzas. 

 



page | by Dr. Radut