Skip to Content

Os Tigres (2018-2021)

PROXECTO DOS EXPERT@S: XOAN APRÉNDENOS A ZURCIR

HOXE XOÁN, QUE É UN EXPERTO EN COSTURA, CHEGOU Á ESCOLA CARGADO DAS COUSAS NECESARIAS PARA ZURCIR CALCETÍNS.

QUE PRECISAMOS?

AGULLA FÍO UNHA PELOTA! E UN CALCETÍN CUN BURACO 

E MIRA COMO FAI XOÁN.

PRIMEIRO ENFIAR A AGULLA E PÓRLLE UN NO, QUE SENÓN ESCAPA O FÍO E MENUDO LÍO. LOGO METER A PELOTA NO CALCETÍN ONDE ESTÁ O BURACO E A COSER.....AH!, NON ESQUEZAS POÑER O CALCETÍN POLO REVÉS.

NUN MOMENTIÑO XA TIÑA ZURCIDOS OS DOUS CALCETÍNS E OS BURACOS DESAPARECERAN, SEN MAXIA, USANDO A CABEZA E AS MANS.

XOÁN TEN MOITA DESTREZA TANTO ENFIANDO COMO COSENDO E SABE COSER PRESTANDO MOITA ATENCIÓN AO SEU TRABALLO. PUXO O SEU COÑECEMENTO NA NOSA MAN.

MOITAS GRAZAS 

 

CAMIÑAMOS: IMOS VER A VACA E AS PITAS DOS VECIÑOS

EUGENA, A NOSA VECIÑA, LEVOUNOS VER A SÚA VACA, CRUZAMOS A RÚA, SUBIMOS POLO CAMIÑO ENFRENTE DA ESCOLA, XIRAMOS Á DEREITA E DESPOIS DUN PALLEIRO, HABÍA UN PORTAL, DETRÁS O CAMPO ONDE PACÍA A VACA.

 

A VACA URRABA PORQUE QUERÍA ALMORZAR, PEDÍA O LAMBISCO QUE LLE TRAÍA MANOLO: PATACA, FARIÑA MILLA E PAN, DESPOIS COMEU A HERBA QUE LLE SERVIU MANOLO TAMÉN, ÍA ESCOLLENDO A SÚA HERBA FAVORITA E DEIXABA A QUE LLE GUSTABA MENOS. QUE LISTA! QUE LARPEIRA!

INDA É UNHA VACA NOVIÑA, UNHA  BECERRA, TEN OS CORNOS PEQUENOS E INDA NON LLE SAÍRON AS UBRES.

DESPOIS BAIXAMOS, COMO PARA VOLVER Ó COLE. A CASA DE EUGENIA E MANOLO ESTÁ Ó NOSO CARÓN. ENTRAMOS NO GALIÑERO, HABÍA POLO MENOS 30 GALIÑAS E UN GALO, TAMÉN VIMOS AS CAMAS ONDE POÑEN OS OVOS

MOEMOS MILLO NO MUÍÑO ELÉCTRICO E .....MONTAMOS NO TRACTOR

PASAMOLO MOI BEN!!!!!

CAMIÑAMOS: IMOS VER AS TARTARUGAS

LUCA GUIOUNOS ATA A SÚA CASA PARA PODER VER AS SÚAS TARTARUGAS. SUBIMOS, BAIXAMOS, CRUZAMOS CON COIDADO, PASAMOS CASAS, O TORREIRO, A FONTE DA CHOSCA, A PANADERÍA, OUTRO PILÓN, E CHEGAMOS.

CAMIÑAR É DIVERTIDO

ALÍ ESPERABA IRENE, A AVOA DE LUCA QUE NOS ATENDEU MOI BEN, COMA SEMPRE FAI!

ASÍ OBSERVAMOS DIRECTAMENTE AS TARTARUGAS DE AUGA DAS XA  QUE NOS EXPLICARA MOITAS COUSAS LUCA.

PERO VIMOS  MÁIS ANIMAIS: O  GATO, OS PEIXES E NO GALIÑEIRO, O GALO, AS GALIÑAS, OVOS E PITIÑOS.

QUEDAMOS CON IRENE QUE IRÍAMOS OUTRO DÍA CAMIÑAR POLO MONTE QUE HAI ALÍ PEGADO A CASA.

Outubro: Plantamos na horta

Hoxe tocounos plantaar noespazo de horta destinado para nós. Plantamos escarola, espinacas, repolos e porros coa axuda de Emma. 

Aprendemos como enxabonar ben as mans

Este xoves 15 de outubro era o "Día do lavado de mans" e os Tigres experimentamos como hai que lavar as mans para que queden ben limpas. 

Sustituimos o xabón por pintura, escollemos dúas cores, unha para cada man, botámolo nas mans. De paso imos mesturar e  comprobar que cor resultará.

Frotamos e frotamos polas palmas, polo dorso, entre os dedos, os polgares e sen esquecer os pulsos, mentres a profe Verónica e Olivia cantaban a canción en inglés do lavado de mans. 

Quedáronos as mans que parecía que levaban luvas de preciosas cores. Logo lavámolas con auga e xabón. Perfectas para merendar e comer as castañas que trouxo Olivia e asamos no forno mentres experimentabamos. 

Despois coa profe Laura obervamos no microscopio bacterias e virus.

Luca é un experto de tartarugas

O martes 13 comezamos co proxecto dos expertos. Luca que sabe moito de animais falounos das tartarugas de auga. Contounos unha chea de cousas destes animais:

Que comen, a  que especie pertencen, como viven, características físicas, como se reproduce, que cambian as escamas da pel e da cuncha ou caparazón,..... 

Mostrounos un libro que editara sobre elas e imaxes das súas tartarugas.

 

Despois da súa exposición, contestou as nosas dúbidas e as cuestións que se os planteaban, se todas son de auga, se teñen raias, de que cor son, se teñen narizo u orellas,.....

Moi ben Luca, grazas a ti, aprendimos cantidade de cousas realcionadas coas tartarugas. 

Little Cloud by Eric Carle

In English class we read the book "Little Cloud" by Eric Carle. 

It's a very simple picture book, following one cloud through all kinds of shape changes.

After we read the book, the class of the "Tigers" went outside and looked at the sky. Then they drew the shape of the cloud they saw.

 

 

Then they made cloud paint using shaving cream with glue!

So much fun!

 

 

 

 

 

 

Take a look at our puffy paintings!

 

 

 

 

 

Click on the link below to listen to the story:

 

https://m.youtube.com/watch?v=jWVwkdL98Rs

Distribuir contido


by Dr. Radut