Act.Complementarias e Extraescolares
Xogos tradicionais galegos
O Observatorio do Patrimonio Lúdico presentou unha páxina web e unha aplicación para teléfonos móbiles que teñen por finalidade que se poida poñer en marcha un xogo tradicional galego só con 1 minuto de consulta.
Tamén se pode descargar a aplicación para móbiles desde Google Play ou App Store buscando por "Xogos tradicionais".
XA TEMOS XOGO NO PATIO
Hoxe é un día de ledicia na escola, pois por fin despois de.......algúns anos temos xa instalado no patio un xogo. Unha fermosa construcción con tobogán, ponte: é a nosa illa pirata. E non chega a nada!!!!
Queremos agradecer ao Concello de Ames que fixera posible esta realidade. Tamén queremos agradecer ás ANPAS da escola que nestes anos loitaron e pediron, e ao final ven o seu esforzo recompensado.
Visita de futbolistas á EEI Milladoiro
O pasado xoves día 12 recibimos a visita na escola de catro futbolistas: Mª Luz Mendoza, xogadora do F.C. Meigas, entrenadora e árbitro; e os xogadores da S.D. Compostela Ramón Sánchez, Yacine Kasmi e Raúl Marqueta, así como Ramón castro relacións externas do clube.
Faláronos da súa experiencia, e as súas vivencias ao redor deste deporte. Despois compartiron uns momentos de xogo con nós e invitáronnos a visitar un partido da SD Compostela.
FESTA DO ENTROIDO
Este venres para celebrar o Entroido fixemos unha divertida festa na escola. Aínda que o tempo non axudou moito, pasámolo moi ben, e poidemos disfrutar un ano máis da fermosa actuación que nos brindou a charanga TNT. Grazas pola vosa entrega; é un pracer contar con vos.
OBRADOIROS NADAL
Hoxe comenzamos os nosos obradoiros de Nadal. Aquí vos deixamos as imaxes do primeiro día, para que vexades o moito que se traballou. E moitas grazas ás avoas, mamás e papás que nos viñeron axudar e que van vir nos vindeiros días. Sin a vosa axuda non seríamos quen de facelo.
Espectáculo de Magín Blanco "A nena e o grilo nun barquiño"
Este venres o alumnado de 5º e 6º curso tivo a oportunidade de disfrutar do espectáculo da compañía Magín Blanco "A nena e o grilo nun barquiño". Felicidades polo voso traballo, pasámolo xenial.
Se queres ver as imaxes da actividade preme aquí.
OBRADOIROS NADAL
Ao longo desta semana estamos a celebrar os obradoiros de Nadal. Así teremos teremos unha xornada de cociña, outra para facer adobíos e unha máis para elaborar felicitacións.
Aquí podedes ver algunhas das imaxes do traballo que fixemos .
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración.
CELEBRAMOS O SAMAÍN
Este ano celebramos o Samáin na escola. Aquí tedes as fermosas cabazas coas que nos agasallastes
. Felicidades ás familias pola vosa colaboración,
Preme aquí para velas.
Xornada de portas abertas Día do Libro
Aquí podedes ver imaxes da xornada de portas abertas que realizamos o pasado día 23 con motivo do Día do Libro.
Obradoiro de Nadal
Premendo neste enlace poderás ver os obradoiros celebrados polo Nadal.
Celebramos o Nadal
Dende este enlace podedes acceder á festa que celebramos con motivo do Nadal.
ENTROIDO 2013
Dende aquí podedes acceder ao desfile de Entroido que celebramos na nosa escola. Vaia festa...¡¡¡
Felicitar ás familias pola vosa participación e colaboración, así como á ANPA pola axuda prestada.
OBRADOIROS
Enviado por aferron o Lun, 12/17/2012 - 23:02Recentemente celebramos os obradoiros na escola (cociña, postais e adornos ).
Aquí tedes o resumo das actividades realizadas.
Gracias ás familias que colaboraron con nós.