Escola de Educación Infantil Milladoiro
A E.E.I. Milladoiro, inicia a súa andaina no curso 2007-08. Situada na parroquia de O Milladoiro, no concello de Ames, escolariza ao alumnado que cursa o 2º ciclo de educación infantil.
O Milladoiro é un núcleo úrbano en crecemento e plena expansión, cunha poboación arredor dos 11.000 habitantes, o máis poboado do concello.
Conta con numerosos servizos públicos situados preto da escola: oficina municipal, casa da cultura, pavillón municipal, centro de saúde, biblioteca municipal, correos, e o polígono industrial Novo Milladoiro.
Limita cos concellos de Teo e Santiago de Compostela, situado a 4 kilómetros e conta con boas liñas de comunicación: N-550, a AP-9 (saída 75) e AG-56 que comunica o Milladoiro con Bertamiráns, capital do concello.