Visita de Anxo Moure
Hai uns días tivemos a sorte de contar de novo coa presenza de Anxo Moure na escola. Este ano veunos presentar á Xacia Luviñas, obra editada por Sotelo Blanco; e pescando contos descubrimos grandes segredos dos nosos ríos, dos seus habitantes os peixes e do seu batuxo viaxeiro. Grazas Anxo, por virnos visitar. Sempre é un pracer escoitar as túas fermosas historias.
Se queredes ver algunhas imaxes da visita premede neste enlace.