ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2024

Estimadas familias

Infórmase do inicio das Eleccións ao Consello Escolar, segundo se recolle na Resolución do 10 de setembro de 2024.

En base a dita resolución realizarase a renovación dos membros do Consello Escolar dos distintos sectores. O procedemento das eleccións estará supervisada pola Xunta Electoral, que se constituirá ao efecto cos seguintes membros:

- A directora

- Un representante do equipo docente

- Un representante de pais/nais/titores/as legais

- Un representante do PAS

Para a elección dos membros da Xunta Electoral realizarase un sorteo público, onde se designarán titulares e suplentes, o vindeiro venres día 18 de outubro ás 13.00 horas na escola.

En vindeiras circulares iráselles informando do calendario do proceso electoral.

A dirección

 

Plataforma AbalarMóbil

 

Informar ás familias de novo ingreso da necesidade de descargar a aplicacion AbalarMóbil, para poder realizar as xestións e comunicacións coa escola ao longo do curso. Máis información na Guía para as familias.

Desexar para toda a comunidade educativa un proveitoso ano e reiterar a nosa disposición para axudarvos no que precisedes.

Un sáudo

A dirección

 

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024-25

Infórmase da publicación da Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024-25 (ver documento adxunto)

 

Día da Paz

Na escola celebramos o Día da Paz, coa actuación "unha receita de Paz".  Se premes na imaxe podes acceder ao vídeo.

3 decembro Día da Discapacidade

Con motivo do Día da Discapacidade queremos achegarvos algunhas curtas para traballar actitudes que fomenten a inclusión, a tolerancia e os dereitos de persoas con discapacidade.

"El erizo"

"La luna". Pixar

"Piedra papel o tijera".

"Cuerdas"

Curta de animación "Tonino. Un pingüín en Ames". 1º Premio certame "Nos tamén creamos 2023"

Estimadas familias

Facervos partícipes do 1º premio que acadou a EEI Milladoiro, coa curta presentada polo alumnado de 6º curso e o seu profesorado, no cetame "Nós tamén creamos". Parabéns polo seu traballo, a prol da nosa lingua, o traballo coas TICs e o fomento da lectura.

Podedes acceder á curta premendo na imaxe ou no seguinte enlace:

http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2023/categoria-...

 

3 de decembro - Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Estimadas familias

Para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade queremos compartir con vós o traballo que estivemos facenda na escola.

Deixámosvos dous enlaces:

Conto " Pepita es especial"

Curta: "La historia real de Pepita"

O "ABC" do consello alimentario na infancia

Estimadas familias

Nestes días podedes ver un cartel no recibidor da escola que invita a formentar hábitos saudables de alimentación. Podedes acceder a máis información descargando o código de barras que aparece no cartel ou a través do seguinte enlace: https://vida-saudable.sergas.gal/cartafol/Consello-alimentario-infancia-Portada/

 

 

Distribuir contido