Eventos
Xa que estamos confinad@s nas nosas casas, aproveitamos os recursos dos que dispoñemos para elaborar abecedarios. Empregamos follas, paus, pedras, flores, cartón,... todo o que se nos ocorreu e fixemos os abecedarios que vedes na foto. Esperamos que vos gusten!!!
OQO Filmes en galego
Algún dos contos que temos en papel na biblioteca tamén os podes ver en versión animada no seguinte enlace
https://www.youtube.com/channel/UCEfA7SyrMlfXAXF_-tp1uVQ/videos
Para seguir as clases de Martina neste período de confinamento clicade no seguinte enlace:
Para seguir as clases con Martina neste período de confinamento clicade no seguinte enlace
REINICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020-21
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes
Novos prazos do procedemento.
a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.
b) Novos prazos do proceso:
|
Ata o 26 de maio de 2020 |
|
Antes do 9 de xuño de 2020 |
|
|
|
Ata o 26 de xuño de 2020 |
|
Do 1 ao 10 de xullo de 2020 |
A resolución completa
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.pdf
A escola permanecerá aberta soamente para trámites relacionados coa ADMISIÓN en horario de 10:00 a 13:00.
Importante, para protexer a saúde, que veñades protexidos: luvas e máscaras e que manteñamos distancia de seguridade.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!!
REINÍCIASE O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-21