Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020-21

07/05/2020 13:04

REINICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020-21

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes

 

Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de  baremo
Ata o 26 de maio de 2020
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido
Antes do 9 de xuño de 2020
  • Reclamacións no prazo de 3 días hábiles contados dende o día seguinte á súa publicación
 
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido
Ata o 26 de xuño de 2020
  • Formalización da matrícula en Educación Infantil e Primaria
Do 1 ao 10 de xullo de 2020

A resolución completa 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.pdf

 

A escola permanecerá aberta soamente para trámites relacionados coa ADMISIÓN en horario de 10:00 a 13:00.

Importante, para protexer a saúde, que veñades protexidos: luvas e máscaras e que manteñamos distancia de seguridade.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración!!!



event | by Dr. Radut