Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

PLAN PROXECTA 2017/2018. Proxecto de innovación en dinamización lingüística: Entre refrán e refrán, os meses van.

APADRIÑAMENTO LECTOR CO CPI DE PANXÓN

 
CONTINUANDO COA SEMANA DA LIBRO, HOXE TIVEMOS NA ESCOLA AOS ALUMNOS DO CPI DE PANXÓN DE 3º E 4º DE PRIMARIA QUE VIÑERON A CONTAR CONTOS AOS NOSOS ALUMNOS.
FORON OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS. 
ENCÁNTANNOS VER AOS EXALUMNOS DE DUNAS DE NOVO NA ESCOLA! QUE BEN O FIXERON !
ATA PRONTO RAPACES E GRAZAS POR TODO!

O NOSO LIBRO DE REFRÁNS PARA A SEMANA DO LIBRO

 
 
O alumnado da nosa escola elaborou este libro de refráns para conmemorar o Día do Libro.

MARCAPÁXINAS CON REFRÁN PARA O DÍA DO LIBRO

 
O alumnado da escola elaborou marcapáxinas con refráns para entregar aos nenos e nenas do CPI de Panxón que participan no apadriñamento lector no Día do Libro. Deste xeito, lembrarán mellor o noso proxecto.

MARCAPAXINAS PARA REGALAR O DÍA DO APADRIÑAMENTO LECTOR!!

AQUÍ PODEDES VER COMO ELABORAMOS OS NOSOS MARCAPÁXINAS CON REFRÁNS QUE REGALAREMOS AOS NENOS DO CPI DE PANXÓN O DÍA DO APADRIÑAMENTO LECTOR.

 

XOGANDO CON REFRÁNS NO DÍA DA ÁRBORE

Aproveitando a visita á escola do poeta Miguel Ángel Alonso Diz e inspirándonos no seu libro Mel, unha mosca agradecida, fixemos un mural para o Día da Árbore. Démoslle vida a nosa árbore e... así comezou a recitar!

 

PLANTAMOS REFRÁNS!!!

 
POLO DÍA DA ÁRBORE PLANTAMOS REFRÁNS: PLANTAMOS ROMERO EN MACETAS QUE DECORAMOS CON REFRÁNS SOBRE A ÁRBORE, RECITAMOS OS REFRÁNS E CADA NENO LEVOU A SÚA PLANTA PARA A CASA.

CORAZÓNS CANTANTES!!!

 
CON TANTO CORAZÓN QUE REGALAMOS POR SAN VALENTÍN, QUIXEMOS FACER ALGO MAIS, E DECIDIMOS XOGAR COA APLICACIÓN FUN FACE E POÑERLLE A NOSA VOZ AO CORAZÓN, ASÍ OBTIVEMOS ESTE SIMPÁTICO CORAZÓN PARLANTE, OU MELLOR DITO....CORAZÓN CANTANTE!

CORAZÓNS CON REFRÁNS POR SAN VALENTÍN!!

 
PARA ESTE DÍA FIXEMOS COLGANTES CON REFRÁNS SOBRE O AMOR E A AMIZADE. CADA NEN@ REGALOULLE O SEU CORAZÓN A UN COMPAÑEIR@! LOGO FIXEMOS UN RAP CON DOUS DESES REFRÁNS E RECITAMOS VARIOS! 
 
 
 

ENTERRO DA SARDIÑA

 

PARA DESPEDIRNOS DO ENTROIDO ENTERRAMOS A SARIÑA CON REFRÁNS QUE FIXEMOS ENTRE TODOS!!! QUE MÁGOA!!!  Triste PERO MAIS FESTAS VIRÁN!

 


ENTERRO SARDIÑA

PREPARAMOS A NOSA SARDIÑA CON REFRÁNS!

Distribuir contido


by Dr. Radut