PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ SAÍMOS TODOS AO PATIO A CANTAR A CANCIÓN "CAMPÁS POLA PAZ". COMO VEDES, ACOMPAÑAMOS O ESTRIBILLO DA CANCIÓN CON LINGUA DE SIGNOS!!!
A CONTINUACIÓN, RECORDANDO O CONTO QUE CONTAMOS NO PATIO DA ESCOLA E QUE SE TITULABA "TODOS XUNTOS", FIXEMOS UNHA SESIÓN DE XOGOS NA QUE APRENDEMOS QUE TODO ERA MOITO MAIS SINXELO SE O FACEMOS TODOS XUNTOS!!!
COMO XA SABEDES, ESTE ANO EN LUGAR DE FACER UN CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, FIXEMOS UN CONCURSO DE ADORNOS NO QUE CADA NENO TIÑA QUE TRAER UN ADORNO RELACIONADO COS SENTIDOS E UNHA PALABRA EN GALEGO SOBRE O NADAL!!! ESTES SON OS ADORNOS DA NOSA AULA! GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!
PARA FESTEXAR A FESTA DOS MAIOS, E DENTRO DO PROXECTO DE FOMENTO DO GALEGO QUE TEMOS ESTE ANO, TITULADO "EXPLORAMOS AS NOSAS CANCIÓNS" FIXEMOS UN MURAL SOBRE A CANCIÓN "MAIO LONGO" DE UXÍA, QUE PODEDES ATOPAR NO LIBRO "ROSALÍA PEQUENIÑA". QUE BEN O PASAMOS DECORANDO CON PÉTALOS DE ROSAS!!!!
DADO QUE O NOSOS PROXECTO DE FOMENTO DO GALEGO DE ESTE ANO SE TITULA "EXPLORANDO AS NOSAS CANCIÓNS", CON MOTIVO DO DÍA DO LIBRO FIXEMOS UN LIBRO DE CANCIÓNS INFANTÍS RECOPILADAS POLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA! PODEDES ATOPALO EN BIBLIODUNAS Á VOSA DISPOSICIÓN!