O CEE de Panxón acollerá o vindeiro xoves 14 de marzo, unha "Xornada de degustación de produtos con Indicativo de Calidade galegos", preparados por cociñeiros/as de 4 centros escolares participantes nesta edición.
O evento comezará ás 17 horas e é de balde. As prazas son limitadas. Podedes inscribirvos enviando un correo ao cole: eei.dunas.panxon@edu.xunta.gal
Dúas persoas por familia como máximo. A asignación será por orde de chegada ao correo. Data límite: mércores 13 ata as 00:00horas.