O 8 de Marzo conmemoramos o Día Internacional da Muller. Realizamos actividades a partir de distintos contos e traballando sobre diferentes mulleres representativas da historia, que durante moitos anos non foron recoñecidas. Para destacar ás mulleres das nosas vidas, plasmamos as nosas mans en cor violeta e escribimos os seus nomes para despois construir un lazo xigante con elas.
Hoxe celebramos o aniversario de Leo. Fixemos unha viaxe ao longo das súas 6 primeiras voltas ao sol, lembrando algúns dos logros máis representativos da súa vida en cada un destes anos.