Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

5º E.I. (4 ANOS)

BENVID@S AO CURSO 24-25

Benvid@s ao novo curso 24-25.

Aquí deixamos algunhas imaxes destes primeiros días!

FELIZ ANIVERSARIO, ARIADNA!

O pasado mércores celebramos o aniversario de Ariadna,  que será o 17 de agosto. Pero non podíamos rematar o curso sen festexar que este verán dará a súa  quinta volta ao sol.

Grazas pola merenda especial! Esperamos que o celebres ao grande coando toque!

ÚLTIMO DESDOBRE DE 4º E 5º EI

DESPEDÍMONOS, POR ESTE CURSO, DOS OBRADOIROS CONXUNTOS ENTRE AS AULAS DE 4º E 5º.

PARA LEMBRAR O BEN QUE O PASAMOS FIXÉMONOS UNHA FOTO E DECORAMOS UN MARQUIÑO PARA LEVAR A CASA E LEMBRAR SEMPRE ESTE MOMENTOS COMPARTIDOS TAN XENIAIS.

ATA DESPOIS DO VERÁN!!

CANTO Á PRIMAVERA LSE

Fai unhas semanas, dende o CEIP de Belesar invitáronnos a representar con LSE a canción de "Canto á primavera" do grupo PIM PAU, que o profesorado do seu centro signou.
Esperamos que vos guste!
Moitas gracias!

- OBRADOIRO ´PAN DE ALGAS´-

PICADE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO.

Obradoiro de arte e movemento Aucouturier

A semana pasada tivemos un Obradorio de arte e movemento baseado na teoría Aucouturier, con Marta (mamá de Breo e mestra).

Que ben o pasamos! Gracias Marta!

A HORTA DE LOLA: MAIO

 
O pasado venres 31 tivemos o derradeiro obradoiro na horta de Lola con Somosterra.
 
Os peques de 3 anos repasamos o que hai na Horta en función da estación, despois ulimos romero, sabugueiro, albahaca e lavanda e plantamos cabazas.
 
As nenas e nenos de 4 anos repasasamos imáxenes dos distintos cultivos que temos na horta. Preparamos a terra e plantamos tomate e albahaca (cultivos asociados). Por último recollemos fresiñas e regamos.
 
Os maiores de 6º repasamos os cultivos de verán, recollemos patacas e verza “asa de cántaro”. Despois preparamos a terra e plantamos cabazas.
 
Gracias Diana e Raquel! Ata o próximo curso!
 

 

CONTACONTOS KIDS&US

FAI UNS DÍAS TIVEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS DA MAN DE KIDS&US NIGRÁN.

PASÁMOLO XENIAL CON TONYA E KARLA;

CANTAMOS, BAILAMOS E APRENDEMOS INGLÉS.

GRAZAS POLA VOSA VISITA!!!

Picade na imaxe para ver o vídeo

 

Mochila Viaxeira de 5º

Hoxe, 24 de maio, a mochila viaxeira vai a casa de

Valentina

Disfrutádea familia!

 

15 de MAIO DÍA DA FAMILIA

APROVEITAMOS AS CUNCHAS DOS MEXILÓNS DA DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS DO MAR PARA FACER UN CADRO DA NOSA FAMILIA E QUE FOI O AGASALLO PARA FESTEXAR O DÍA DA FAMILIA.

Distribuir contido


by Dr. Radut