O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN É DO 1 AO 22 DE MARZO, ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS.
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
OFERTA DE POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA O CURSO 2021-2022
|
POSTOS CUBERTOS |
POSTOS VACANTES |
TOTALIDADE DE PRAZAS |
4º EI (3 ANOS) |
0 |
22+3 (NEAE)* |
25 |
5º EI (4 ANOS) |
19 |
6 |
25 |
6º EI (5 ANOS) |
21 |
4 |
25 |
*Prazas de necesidades especiais de apoio educativo
NESTE ENLACE PÓDESE CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN SOBRE OS XEITOS DE PRESENTAR A SOLICITUDE:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- SE BEN O CENTRO FACILITARÁ OS IMPRESOS ÁS PERSOAS INTERESADAS QUENES PODEN PRESENTAR A SOLICITUDE DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO. OU BEN DESCARGALA NESTE ENLACE (PDF AUTOCOMPLETABLE QUE HAI QUE BAIXAR E CUBRIR NO TLF OU PC), CUBRILA E MANDALA POR CORREO ELECTRÓNICO AO CENTRO (eei.dunas.panxon@edu.xunta.gal)
A SOLICITUDE PODERÁ ASINALA CALQUERA DAS PERSOAS TITULARES DA PATRIA POTESTADE, CANDO SE REFIRAN A FILLOS/AS COMÚNS DUN MATRIMONIO NON SEPARADO LEGALMENTE NIN DIVORCIADO OU DUNHA PARELLA DE FEITO DEBIDAMENTE INSCRITA NO REXISTRO. NOS DEMAIS CASOS REQUÍRESE A SINATURA DAS DÚAS PERSOAS TITULARES, AGÁS QUE A PATRIA POTESTADE ESTEA ATRIBUÍDA A UNHA DELAS CON CARÁCTER EXCLUSIVO.
PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE XEITO PRESENCIAL NO CENTRO É PRECISO PEDIR CITA PREVIA.
MÁIS INFORMACIÓN NOS TELFS DO CENTRO: 986 38 01 20 / 665 83 26 40