Durante este ano académico contaremos coa presenza dunha auxiliar de conversa na escola que colaborará nas sesións en lingua estranxeira dentro do Programa Plurilingüe.
Dende a primeira semana de outubro o alumnado de todos os grupos xa tivo a oportunidade de achegarse a ela para coñecer, preguntar, compartir e tamén amosar como traballamos co robot educativo da escola nas aulas de inglés.
Seguro que todos imos aprender moito con esta nova experiencia!