Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

ESCOLA DE MÚSICA SANTIAGO DE PARADA

O XOVES, 28 DE SETEMBRO CONTAREMOS COA VISITA DE DANIEL GONZÁLEZ, O CREADOR DA ESCOLA DE MÚSICA DE SANTIAGO DE PARADA.

PRESENTARANOS O SEU PROXECTO CO PROPÓSITO DE LOGRAR FORMAR UNHA BANDA DE MÚSICA NO CONCELLO DE NIGRÁN.

AS CLASES DARÁN COMEZO NO MES DE OUTUBRO.

 

OS CONTOS DA LEITEIRA

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE VENRES 22 DE SETEMBRO ÁS 18:00 HORAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL O CONTACONTOS INFANTIL 'OS CONTOS DA LEITEIRA', CUNHA DURACIÓN DE 50 MINUTOS. A ACTIVIDADE ENCÁDRASE NO PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA 'LER CONTA MOITO' E NON REQUIRE DE INSCRICIÓN PREVIA.

"OS CONTOS DA LEITEIRA” DÁ VOZ A HISTORIAS DE MULLERES INTRÉPIDAS E TÍMIDAS, LOITADORAS E SOÑADORAS PERO TAMÉN Á PROPIA CONDICIÓN DE FEMININA, REPRESENTADA POR ANIMAIS QUE VIVEN ESAS CIRCUNSTANCIAS. CONTOS DE HEROÍNAS, GALIÑAS VALENTES, LEÓNS AMOROSOS OU GALOS FACHENDOSOS QUE NOS FARÁN GOZAR E CONCIENCIARNOS PARA QUE A IGUALDADE SEXA UNHA REALIDADE.

SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR 2023-2024

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS TEDES OS FORMULARIOS PARA SOLICITAR O SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO 2023-2024.

ESTÁN EN FORMATO EDITABLE, POLO QUE PODEDES CUBRILO NO PC OU MÓBIL E ENGADIR AS SINATURAS EN LIÑA. UNHA VEZ CUMPRIMENTADO E DESCARGADO, TEDES QUE REMITILO AO CENTRO:

  • POR EMAIL POÑENDO NO ASUNTO O NOME DO ALUMNO/A PARA QUEN SE SOLICITA eei.dunas.panxon@edu.xunta.gal

     (PRAZO DE ENTREGA, ATA O VENRES 14 DE XULLO)

 

  • TAMÉN PODEDES FACELO DE XEITO PRESENCIAL

     (PRAZO DE ENTREGA, ATA O VENRES 7 DE XULLO EN HORARIO DE 10 A 13h)

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE NIGRÁNCURSO 23-24

COMUNICARLLES QUE XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E /OU MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-24

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES É ATA O 21 DE XULLO PARA TRAMITAR A SOLICITUDE TEREDES QUE PEDIR CITA PREVIA NO TELÉFONO 986 365 000 NO DEPARTAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE NIGRÁN.

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PODEDES DECARGAR AS BASES DA CONVOCATORIA E O MODELO DE SOLICITUDE.

- FESTA FIN DE CURSO -

- RECOMENDACIÓNS LECTORA VERÁN´23

LOLA PREPAROU ESTA POSTAL COAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE VERÁN.

A GOZAR DA LECTURA E O XOGO!!!

FESTA DE FIN DE CURSO ANPA

FORMALIZAR MATRÍCULA PARA O CURSO 23-24: DO 20 AO 30 DE XUÑO

O ALUMNADO DE NOVO INGRESO DEBE FORMALIZAR A MATRÍCULA DO 20 AO 30 DE XUÑO.

TODA A INFORMACIÓN RELATIVA Á DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR E DE COMO FACELO, ESTÁ NO ARQUIVO ADXUNTO.

EN CANTO Á SOLICITUDE DE COMEDOR DE ESCOLAR, O PRAZO DE PRESENTACIÓN COMEZARÁ MAIS ADIANTE (AVISAREMOS A TRAVÉS DA PÁXINA WEB E NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO EXTERIOR)

PODEN SOLICITAR OS  IMPRESOS PARA FORMALIZACIÓN  NA ESCOLA OU BEN DESCARGALOS, CUMPLIMENTALOS E ENVIALOS ESCANEADOS  AO CORREO DA ESCOLA. TAMÉN PODEN ENTREGALOS DA XEITO PRESENCIAL NO CENTRO PEDINDO CITA PREVIA.

PARA CALQUERA DÚBIDA E PARA SOLICITAR A SÚA CITA, PODEN CHAMAR AOS TELÉFONOS: 986.38.01.20  OU  665.83.26.40

Distribuir contido


by Dr. Radut