VENRES DE POESÍA
DURANTE A SEMANA PASADA LEVAMOS A CABO DIFERENTES ACTIVIDADES RELACIONADAS COA TEMÁTICA DA PAZ. UNHA DELAS FOI TRABALLAR SOBRE A CANTIGA "LUZ" DO LIBRO-CD "CAMIÑOS" DE MAGÍN BLANCO. ESTA CANTIGA ESTÁ BASEADA NUN FERMOSO CONTO DE EVA MEJUTO SOBRE OS VALORES DO SER HUMANO, SOBRE A NOSA LUZ INTERIOR.
POIS BEN, A MÚSICA É TAMÉN POESÍA, ASI QUE O VENRES LEMOS ESTA BONITA CANTIGA, REFLEXIONAMOS SOBRE O SEU CONTIDO. DESPOIS FIXEMOS UN FERMOSO DEBUXO DA NOSA LUZ INTERIOR CON TÉMPERA SÓLIDA. FINALMENTE ENTRE TODAS E TODOS RECITAMOS O POEMA.
ASÍ RECITAMOS O POEMA
PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR A CANTIGA "LUZ" DE MAGÍN BLANCO.
GRAZAS MAGÍN, POETA, MÚSICO, QUE CON ESTAS LETRAS SE NOS AGRANDA O CORAZÓN E A ALMA.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
aluzmagin.mp4 | 14.79 MB |
poemacompletonenos.mp3 | 953.06 KB |