RECIBIMOS A VISITA DE DOUS POETAS FANTÁSTICOS.
Estamos traballando os poemas de dous poetas galegos que son xeniales: Miguel Angel Alonso Diz e Pepe Cáccamo. Eles enteráronse e viñeron a ver os nosos traballos. De Miguel Ángel fixemos o seu retrato e de Pepe traballamos o conto "O dinosario Belisario" que gustounos moitísimo. Pintamos a Belisario, que era moi malo, e, como estaba en guerra co mundo animal, encerrou aos paxaros nun ascensor e aos gatos nunha maleta. Pero nos que somos moi bos, deixamos o ascensor e a maleta aberta para que poidan escapar. Aquí vos deixamos unhas fotos para que as vexades.