Comezamos o proxecto: Poetízate con Lola
A Ratiña Lola trouxonos un agasallo xenial: unha caixa cunha nota. Sara foi a encargada de abrirla. Na súa carta díxonos que de maior quería ser poeta, contounos que a súa maior ilusión era ser a poeta máis famosa do mundo mundial. A caixa estaba chea de libros de poemas, uns poemas moi especiáis porque eran poemas con música. A profe Paloma leunos uns cantos e encantáronnos. Os libros eran de Antonio Rubio, o poeta preferido da ratiña Lola, e , de agora en adiante, tamén vai ser o noso poeta favorito.