- EN 4º FIXEMOS UN PIANO CON MAKEY-MAKEY -
A Ratiña Lola púxonos un Reto, facer un PIANO CON MAKEY MAKEY.
Makey- Makey é unha placa similar ao mando dunha videoconsola que simula ser un teclado ou rato, o que permite enviar ordes ao ordenador ao que se atope conectado. No canto de pulsar os botóns o que facemos é pechar o circuíto mediante pinzas de crocodilo e desta forma simúlase pulsar un botón. Desta forma, permítenos converter calquera obxecto da vida diaria nun teclado, un mando ou un rato.
O funcionamento é sinxelo:
-Conectar a placa ao pc mediante o cable USB
-Conectar un cable crocodilo á terra
-Conectar un cable crocodilo a calquera das conexións dianteiras ou traseiras
-Pechar o circuíto con calquera material condutor (auga, grafito, froita, papel de alumnio, pasta de modelar......)
Makey-Makey potencia a creatividade, a imaxinación e o deseño.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
makey3anos1.MP4 | 69.13 MB |
makey3anos2.mov | 86.63 MB |