NORMAS DE PROTECCIÓN E HIXIENE PARA O ACCESO AO CENTRO
ESTIMADAS FAMILIAS:
NESTAS SEMANAS ESTANSE A LEVAR A CABO DIFERENTES ACCIÓNS NA ESCOLA QUE IMPLICAN O ACCESO DE DIFERENTES MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA Á MESMA: DEVOLUCIÓN DE LIBROS DA BILIOTECA, DE MATERIAL ESCOLAR, FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA, SOLICITUDE DOS SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE, ETC.
CÓMPRE SINALAR QUE, POLO BEN DE TODAS E TODOS, DEBEMOS CUMPRIR UNHAS NORMAS, DE CONFORMIDADE CO ESTABLECIDO NA ORDE SND/339/2020 DO 9 DE MAIO E COS DOCUMENTOS ENVIADOS POLOS MINISTERIOS DE SANIDADE E EDUCACIÓN.
ASÍ, AS NORMAS DE PROTECCIÓN E HIXIENE PARA O ACCESO AO CENTRO, SERÁN AS SEGUINTES:
-
Non poderá acceder ao centro ningunha persoa con febre ou síntomas compatibles coa COVID-19.
-
Para as xestións no centro deben axustarse ás datas sinaladas e ás citas concedidas e tentar ser puntuais para evitar coincidir moitas persoas.
-
As persoas deberán levar posta unha máscara e usar o hidroxel sito na entrada.
-
Se veñen acompañados de menores, estes deberán permanecer en todo momento baixo a vixilancia do responsable ao seu cargo, impedindo o xogo no recinto.
-
Se nalgún momento no que se chega ao centro, hai xente que está sendo atendida nese intre, débese agardar no patio e sempre respectando a distancia mínima de 2 metros entre persoas.
-
A permanencia no centro será a mínima imprescindible para as xestións necesarias.
MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.