Skip to Content

Dúas boas opcións para o Samaín

Moi boas, familias!

Abrimos o blogue da biblioteca deste curso 21/22, presentándovos dous libros CD que ben poderían pasar a formar parte da colección que teñades nas vosas casas.

Trátase de:

 

- "Monstros, con ou sen consentimento". Chuches Amil. Manel Cráneo.

Con cancións sobre moitos monstros, lobos, outras referidas a épocas do ano... para non parar de bailar! 

 

- "A casa do terror". Xoán Curiel e A Bando do Verán. Iria Fafián.

Premio Martín Códax da música 2019.

Unha aventura na cal un grupo de amigos se ve obrigado a durmir nunha casa encantada, onde vive aventuras divertidas e terrroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos medos.

 

Esperamos que vos gusten!

 

 

 



blog | by Dr. Radut