Boa tarde familias:
Ao longo do día de hoxe temos recibido alguns correos nos que nos expresades a problemática para poder ver os LIMS do cole. Estes LIMS están pensados para ser feitos con ordenador, e ata agora non sabiamos como facer para que os puiderades ver nas tablets. Despois de moito investigar, aquí temos unha resposta que pensamos que vos pode valer para a TABLET E O TELÉFONO.
Tendes que descargar o navegador PUFFIN WEB BROWSER no Play Store. (se pinchades no enlace xa vos leva alí directamente) Este navegador ven preparado con tecnoloxía "flash" que é a que precisamos para poder ver os LIMS.
1. Descargar Puffin Web Browser
2. Abrir o navegador descargado e teclear a dirección da nosa páxina web
3. Abrir un lim e observar que na esquina superior dereita aparecen tres puntos en vertical. Se clicamos alí temos que buscar FLAS THEATER e clicar nese modo para que podamos desplzar as letras.
4. Empezar a xogar!!
ESPERAMOS TERVOS SERVIDO DE AXUDA. ANTE CALQUERA DÚBIDA ESTAMOS Á VOSA DISPOSICIÓN
Unha aperta