HORARIO
O horario escolar será de 9:00 a 14:00 horas.
ATENCIÓN DO EQUIPO DIRECTIVO E DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Directora: Tódolos días de 9:00 a 9:45 agás os luns.
Xefatura: Os mércores de 9:00 a 9:45 .
Secretaría: Tódolos días de 13,00 a 14:00.
Xefe do Departamento de Orientación: Tódolos días previa cita.
ATENCIÓN DAS TITORAS E DO RESTO DO PROFESORADO
A Escola aconséllalles que se interesen polo progreso dos seus fillos ou fillas. O horario habitual será os martes de 16:30 a 17:30 horas. Para un mellor funcionamento será obrigatorio solicitalo previamente.
A aqueles pais/nais que por causa xustificada non lles sexa posíble acudir á Escola no horario establecido facilitaráselles outra hora.