O pasado día 1 de marzo, os nenos e nenas de 5 anos foron de excursión ao Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza. Alí confeccionaron os seus propios gorros, mandilóns e paxariñas de cociñeiros, e despois fixeron un taller de cociña. Pasárono de maravilla, e como mostra aquí tedes un vídeo que confeccionaron dende o propio centro onde se pode ver cómo os nenos e nenas do noso cole desfrutaron coa visita. Pasárono de rechupete!