|
Flores de Quercus77 vistasNa primavera está fermoso, cheo de flores e paxaros que revolotean facendo piruetas e cantando melodías.
|
|
Cogomelos que crecen ó pé de Quercus28 vistasAs follas secas de Quercus serven de alimento ós cogomelos que crecen á sombra da súa copa.
|
|
O tronco de Quercus29 vistasÉ un carballo moi xeneroso, permítelle ós paxaros facer nel os seus niños, ó esquío comer os seus froitos e á hedra rubir e enredarse no seu tronco para buscar a luz.
|
|
Quercus38 vistasQuercus é un carballo grande e frondoso que cada mañá deixa pasar uns raíños de sol a través da súa alargada copa.
Vive á beira do patio do colexio. Aquí está feliz escoitando os sorrisos e os segredos que se contan os rapaces e as rapazas.
|
|
Fillos de Quercus23 vistasNa primavera seguinte nacen os fillos de Quercus e el saúdaos a cotío movendo as súas polas e sentíndose cada vez máis feliz.
|
|
Froito de Quercus26 vistasCando chega o outono as follas póñense amarelas e o carballo chora bágoas de landras que o vento leva ata o patio do colexio.
|
|
Bugallo de Quercus29 vistasAínda que é moi xeneroso, incomódanlle os insectos parásitos que poñen os ovos nas súas follas e encérraos nos bugallos.
|
|
|
7 ficheiros en 1 páxina(s) |
|