RECOMENDACIÓNS ÁS FAMILIAS PARA FAVORECER O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE.

 

A linguaxe é o instrumento de comunicación máis importante dos seres humanos. 

O seu correcto desenvolvemento é decisivo para a estruturación do pensamento e a acción do neno/a; permitíndolle estruturar e regular a personalidade e o comportamiento cos demais, sendo o principal medio de información e transmisión de cultura.

A contorna familiar é un contexto clave, decisivo e insubstituíble para a estimulación e desenvolvemento da linguaxe no neno/a.

 

A continuación tedes uns consellos para favorecer o desenvolvemento da linguaxe.

  • A mellor forma de estimular a linguaxe é falar co neno e deixar que nos fale con tranquilidade: non interrompelo nin falar por el.
  • A televisión ou tableta electrónica non poden substituir a estimulación dos país.
  • Procurar falar e pronunciar na casa correctamente.
  • Traducide a súa fala. Se quere dicir algo e o fai de forma incorrecta repetídeo vós de forma correcta ("o que me querés dicir é que...").
  • Non imitar a súa linguaxe infantil, os seus erros ou rir a gracia de pronunciar mal.
  • A partir dos 3 anos, evitar os alimentos triturados ou o biberón. Non se fortalecen os órganos da boca necesarios para a fala: lingua, padal, dentes, meixelas.
  • Se comete erros con algún son corrixídeo só unha vez. Por exemplo se di "murciégalo", dicídelle só unha vez "mírame, dise así: murciélago" a ver ti" se o fai ben felicitádeo, se o volve facer mal non o corrixades.
  • Para fortalecer a musculatura orofacial podedes aproveitar o momento do cepillado de dentes para, diante do espello, abrir moito a boca, sacar a lingua todo o que poida, intentar chegar coa lingua ao nariz, poñer cara de monstro, de susto, de enfado, facer xestos divertidos...
  •  

    Para traballar  sopro e respiración podedes facer pompas de xabrón, tocar a frauta, harmónica, chifres…

Non dubidedes consultar coa titora se:

Presenta alguna dificultade no movemento da lingua, no sopro ou no control da respiración.

Observades dificultades na articulación dalgún fonema en particular (por exemplo o "s").

Tedes algunha dúbida sobre o desenvolvemento do neno/a.