Quen somos?

 

O CRA de Valga é o Colexio Rural Agrupado (CRA) do Concello de Valga que se crea o 28 de xullo de 2000 (enlace ao DOG) Somos un centro educativo público formado por 6 escolas (Campaña, Chenlo, Ferreirós, Forno, Vilarello e Xanza) nas que se imparte o 2º ciclo da Educación Infantil (de 3 a 6 anos). A nosa sede atópase en Campaña, onde podedes atopar o despacho de Dirección, a Biblioteca central, a sala de mestras, o Departamento de Orientación... O noso horario é de 9:00 a 14:00 horas.

Temos a mesma estrutura e funcionamento que calquera outro centro educativo, coa peculiaridade de que as nosas aulas atópanse distribuidas polas diversas escolas que forman parte do noso CRA nas distintas localidades do Concello de Valga. Isto asegura unha maior adaptación ás características da nosa contorna e ás necesidades do alumnado de cada escola.

Os nosos sinais de identidade son:

  • Novas metodoloxías:
    • Innovación educativa e TIC.
    • Metodoloxías vivas e activas en aulas mixtas.
    • Alumnado como protagonista da aprendizaxe.
    • Aprendizaxe baseada en Proxectos.
  • Atención á diversidade do alumnado:
    • Departamento de Orientación, especialistas de AL, PT, coidadora...
    • Ensinanza individualizada, personalizada e atención das necesidades.
  • Apertura á contorna e ás familias:
    • Implicación e participación das familias: créase un ambiente familiar grazas ó intercambio de información diario, á implicación destas na vida da aula...
    • Múltiples canles de contacto: móbil, web, blog, Instagram, AbalarMóbil...
    • Colaboración coa ANPA Pequeval, Concello, colexios adscritos, gabinetes psicopedagóxicos e logopédicos, Atención Temperá...
  • Participación en diferentes Programas e Proxectos:
    • Plans Proxecta+: Proxecto Ríos, Proxecto Terra, Paisaxe e sustentabilidade., Vexo, veo Xacobeo, Donas de si, Mestres/as Gandeiros/as, PVAD...
    • Contratos-Programa: CP INCLÚE E CP INNOVA (as dez modalidades).
    • Erasmus+ e Plurinfantil.
    • PLAMBE.
    • Voz Natura, Plan Revitaliza, Embelecer Valga…
    • PFPP: formación permanente de todo o profesorado.
  • Implicación do profesorado e Plurinfantil:
    • Unha titora por aula e mestras/es especialistas de EF, música, relixión, orientación, PT, AL, e apoios á Educación Infantil.
    • Programa Plurinfantil con mestra especialista de inglés e auxiliar de conversa nativo, así como sesións de Educación Física impartidas en inglés.
  • Espazos privilexiados:
    • Aproveitamento de todos os espazos da escola e da súa contorna: educación ao aire libre e en contacto coa natureza.
    • Creación de aulas exteriores.
    • Proxecto de renovación de patios: patios vivos, activos e inclusivos.
    • Saídas e contacto estreito coa nosa contorna, veciñanza e comunidade.

 

DATOS DE CONTACTO DO C.R.A.:

DIRECCIÓN: A TORRE, 69, CAMPAÑA, VALGA (PONTEVEDRA).

TELÉFONO: 886151724 (sede)  / 605 48 41 41 (Dirección)

EMAIL: cra.valga@edu.xunta.gal

BLOG: cradevalga.blogspot.com

INSTAGRAM: @cradevalga

FACEBOOK: cradevalga