ENGLISH AT HOME!

 

  • SONGS

Existen en Internet moitísimas páxinas onde podedes atopar cancións que poidan resultar atractivas para os vosos nenos e as vosas nenas. Precisamente pola ampla variedade que tedes á vosa disposición, seleccionei algunhas que xa coñecen, por telas traballado na aula, e outras que son novas para os nenos e as nenas, pero axeitadas á súa idade.

 

 

 

  • STORIES

Outro recurso que utilizamos na aula é o conto. Podemos escoller o formato tradicional, en papel, ou tamén podemos optar por audiocontos ou contos en formato vídeo. Tal e como acontece coas cancións, tedes milleiros en YouTube, pero por se vos facilita o traballo, aí vai unha selección dos que me parecen máis axeitados para os vosos fillos e as vosas fillas.

 

 

 

  • GAMES

Tal e como comentaba para as cancións, na rede tedes moreas de propostas para xogar, en inglés!

Pero para concretar e facervos máis doada a búsqueda, velaí vai unha web ben completa:

 https://elt.oup.com/student/oupeprimary/cc=global&selLanguage=en

 

Dependendo da idade e do nivel de inglés, podedes utilizar unha ou outra. Pero para comezar, podedes probar con ARCHIE´S WORLD.

 

Unha vez dentro, as posibilidades son varias: tan só temos que deixarnos guiar polo menú da aplicación, segundo nos interese un contido ou outro.