ATENCIÓN NENOS E NENAS,
DAS ESCOLAS DE VALDOVIÑO,
CHEGA AQUÍ O MECO,
PARA TRAER O MANDADIÑO.
LEMBRADE QUE SE O MANDADO,
NON QUERES OBEDECER,
TEREDES O VOSO ESCARMENTO,
PREPARÁDEVOS PARA CORRER.
PARA O LUNS: PARA O MARTES:
CON ESAS CARAS TAN LIMPAS, CORREDE, BULIDE
NON VOS RECOÑECEREI, PREPARADE BEN OS PÉS,
PINTADE AS FAZULAS E O QUEIXO COS ZAPATOS DECORADOS,
QUE SE VOS DA MOI BEN. DIFERENTES OU DO REVÉS.
PARA O MÉRCORES: PARA O XOVES:
PREGUICEIROS E PREGUICEIRAS, COA CABEZA DECORADA,
CANDO VOS LEVANTEDES DE CAMA, E UN BONITO PEITEADO.
NON VOS MOLESTEDES, TRAEDE PANOS E ESPONXAS,
EN QUITAR O PIXAMA. PARA DEIXALO TODO PREPARADO!!
NENAS E NENOS DO CRA,
AQUÍ REMATA O MEU MANDADO,
MARCHO A DESCANSAR,
QUE O TEÑO BEN GAÑADO.
AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS,
DESFRUTADE DA FESTA DO CRA,
COMEDE FREIXÓS A MOREAS,
E BAILADE ATA ESTOUPAR.