AbalarMóbil
Estimadas familias:
Dende o centro educativo e dunha forma progresiva, imos por en funcionamento o AbalarMóbil.
AbalarMóbil é un aplicativo que pon a disposición a Xunta de Galicia e permite ás familias consultar a
información de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil.
Dende a aplicación poderemos realizar varias accións coma acceder aos datos persoais, consultar as cualificacións, comprobar e xustificar as faltas de asistencia, solicitar,anular ou consultar unha titoría, consultar avisos, acceder a mensaxería...
A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise dende Apple Store (se o sistema operativo é iOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). Pode capturar os seguintes códigos QR para descargar abalarMóbil.
É importante que o número do teléfono móvil que vinculedes coa aplicación sexa o mesmo que teñamos no centro educativo xa que é o que está vinculado ao alumno/a.
O día 1 de Marzo, mandaremos unha mensaxe en difusión para comprobar a operatividade do aplicativo. Para calquera dúbida podedes preguntar no centro ou seguir o manual que se adxunta a continuación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
20221201_abalarMobil_manual_V8.pdf | 2.53 MB |