Familias Lectoras |
|
|||
Queridas familias: Conmemoramos estos días unha data moi importante a nivel escolar que é o día das Letras Galegas, para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa da devandita língua. É por iso que dende o equipo de biblioteca queremos facervos unha proposta para traballar co alumnado a nivel familia. Esta proposta consiste en investigar, tendo en conta a súa presenza na literatura galega, nomes de árbores e tamén arbustos tanto froiteiros como non. Se vos animades,podedes facelo en un documento de word ou ben nun folio e enviades o documento co debuxo ou fotos o noso correo electrónico antes do 31 de maio a: bibliotecarainaarangonta@gmail.com Moitas grazas pola vosa colaboración. Equipo de Biblioteca.
|
|||
Queridas familias: Achégase o entroido e dende o equipo de biblioteca queremos facervos unha proposta para que fagades c@s vos@s fill@s e que desexamos que sexa do voso agrado. Como sabedes en Galicia temos unha gran variedade de maneiras de celebrar o Entroido. A proposta consiste en investigar unha vila de Galicia, con arraigo de entroido, ou ben se algún de vos procededes dalgunha delas, investiguedes cos/as vosos/as fillos/as recollendo datos como: Nome da vila e provincia a cal pertence. Persoaxe destacable Imaxe dese persoaxe (pode ser un debuxo ) Se vos animades,podedes facelo en un document de word ou ben nun folio e mandádenos o documento ou fotos o noso correo electrónico antes do 4 de marzo:bibliotecarainaaragonta@gmail.com Moitas grazas pola vosa colaboración. Equipo de Biblioteca.
Aquí nos van chegando as vosas aportacións, moi bo traballo e moitísimas grazas pola colaboración.
|
|||
XA CHEGOU NOVEMBRO, MES NO QUE CELEBRAMOS O DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA (DÍA 20) E O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (DÍA 25). PARA CELEBRALOS, E APROVEITANDO QUE CASELÍN ESTÁ DANDO A VOLTA AO MUNDO, INVITÁMOSVOS A ELABORAR ALGUNHA RECEITA DE COCIÑA PARA DESCUBRIR NOVOS SABORES E ALIMENTOS DE DIFERENTES LUGARES E COA QUE PODADES COMPARTIR COS VOSOS PEQUES MOMENTOS EN FAMILIA, FOMENTANDO A COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN DE TODOS POR IGUAL NA COCIÑA, ASÍ COMO UNHA ALIMENTACIÓN RICA E VARIADA. VELAQUÉ TEDES UN EQUIPAZO MANS A OBRA NA COCIÑA, SEGURO QUE VOS QUEDOU DE RECHUPETE ESE RECEITA. MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
|
|||
A Caselín encántanlle os poemas e.....estas son algunhas das poesías que nos enviaron as nosas familias!
|
|||
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!! SÉGUENNOS CHEGANDO CONTOS FERMOSOS COMA ESTES!! ANIMÁDEVOS A ENVIAR O VOSO!!
|
|||
INAGURAMOS ESTA SECCIÓN CON ESTES MARABILLOSOS CONTOS CONTADOS EN FAMILIA! ESCOITADE A SABELA E AINARA, A LUCA, A VERA, A VICTORIA, A LUCAS, A BLANCA E AS SÚAS FAMILIAS FACENDO MAXIA A TRAVÉS DOS CONTOS... CASELÍN ESTÁ MOI CONTENTO COA VOSA COLABORACIÓN.
|
|||