Neste novo curso escolar, dende a biblioteca, púxose en marcha un novo servizo de préstamo que son as mochilas viaxeiras.
Con este novo recurso pretendemos fomentar o hábito lector nas familias, converter a lectura nun vínculo familiar, facilitar ás familias materiais da biblioteca escolar ou da aula, e motivar aos nenos para que compartan momentos de lectura e comunicación.
O centro dispón de 10 mochilas viaxeiras, que estarán en continuo movemento polos fogares de todo o noso alumnado.
Enviar un comentario novo