O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Dende o CRA Raíña Aragonta conmemoramos a tres importantes escritoras españolas da literatura infantil como son Anna Llenas, Rocío Bonilla e Olga de Dios.
Por iso expuxemos algunhas das súas obras na nosa biblioteca, desexando que os nenos e as nenas gocen moito da súa lectura.