Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Start: 17/05/2024 00:00
End: 17/05/2024 23:59
Celebrando o Día das Letras Galegas 2024 adicado a Luisa Villalta Gómez. Hoxe, 17 de maio, rendemos homenaxe a unha das máis grandes representantes da literatura galega: Luisa Villalta Gómez. Escritora, poeta, violinista e unha voz fundamental na nosa cultura, o seu legado segue inspirándonos.
Nun recuncho rural de Galicia, os pequenos do Colexio Rural Agrupado de Oroso realizamos un traballo incrible aprendendo sobre a vida e obra de Luísa. Dende a educación infantil ata o primeiro ciclo de primaria, os nosos nenos e nenas exploraron os seus poemas, penetrando nas súas obras e descubriron o valor da nosa lingua e tradicións a través dos seus escritos.
Este proxecto foi unha xanela ao mundo da literatura galega para estas pequenas e pequenos exploradores, atopando nas palabras de Luisa Villalta unha fonte de inspiración e amor polas nosas raíces. Grazas a todas as mestras, mestre e familias que fixeron posible esta fermosa viaxe educativa. Viva Galicia e viva Luisa Villalta!
Start: 17/05/2024 09:30
Recordamos as familias e alumnado do centro que o día 17 de maio é festivo por ser o día das Letras Galegas. Esta data tan especial está adicada a: Luísa Villalta. E non esquezades que o luns 20 de maio tamén é festivo no CRA de Oroso. Saúdos. |