Skip to Content

Profesorado

Comezamos un novo curso- Setembro 2020

10/09/2020 11:14
10/09/2020 14:00

 

   BENVIDOS A TODOS E A TODAS!!! XA ESTAMOS DE VOLTA NAS NOSAS AULAS!!! ESTA "NOVA NORMALIDADE" NON IMPEDIRÁ QUE SIGAMOS PROPONDO E FACEMOS MULTITUDE DE ACTIVIDADES, MANUALIDADES, CELEBREMOS FESTIVIDADES OU CONMEMORACIÓNS!!!...

 PERO...SEMPRE CUMPRINDO COAS MEDIDAS SANITARIAS E DE SEGURIDADE!!!

A corentena en Novás- Marzo 2020

21/03/2020 11:41
21/03/2020 23:59

 

Dende a escola de Novás nos mostran como, en equipo e unidos, pasaron esta primeira semana de corentena... pero sempre con ganas de volverse a ver e poder xogar xuntos Sorriso

 

Martes 17 de Marzo, trazo...sugerencias:

- Vídeos: el círculo que se cayó de una camiseta de lunares.

- Canción: dibujar formas y trazos

- Cuentos: "Herve Tullet", a partir de aquí posibles actividades:

Cesta dos continentes- Marzo 2020

12/03/2020 09:02
12/03/2020 14:00

 

Como o prometido é dueda; xa temos aquí algunha das fotiños do traballo realizado coas nosas "Cestas dos continentes". 

 ESPEREMOS QUE VOS GUSTENN!!!

 

ÚNETE A NOSA PEQUENA-GRAN FAMILIA- Marzo 2020

01/03/2020 09:00
15/03/2020 23:59

 

NO CRA Mª ZAMBRANO TEMOS UNHA EDUCACIÓN DIFERENTE...QUE ESTÁ PRETO DE TI... INCLUSIVA, DINÁMICA... TEMOS DA DIVERSIDADE O NOSO VALOR!!!

 

ANÍMATE, COÑÉCENOS E FORMA PARTE DESTA PEQUENA-GRAN FAMILIA!!

  

 

 

Charla de sensibilización sobre ANEAE - Abril 2017

04/04/2017 16:00
04/04/2017 17:00

"Adentrándonos nos silencios para entender miradas" O alumnado con necesidades educativas especiais é unha realidade que existe dende hai tempo, pero, inda que hai moito investigado sobre isto, segue sendo un tema no que debemos estar sensibiliados e formados especificamente. No CRA participamos deste camiño coma claustro de mestras e mestres asistindo a unha charla sobre esta temática no propio CRA.

Moitas grazas a Silvia Estévez Villar, psicopedagoga con ampla experiencia neste campo, por vir a darnos un pouco de luz e estímulo de xeito desinteresado.

 

Preme aquí para máis información sobre educación inclusiva ou aquí para ver un documento sobre "aulas felices".

 

Charla sobre transexualidade infantil - Xaneiro 2017

17/01/2017 17:00
17/01/2017 18:30

O fenómeno da transexualidade infantil é unha realidade que existe dende sempre, pero hai ben pouco que se está a visibilizar na nosa sociedade. Inda queda moito camiño por percorrer para aceptar e normalizar esta realidade. No CRA comezamos este camiño coma claustro de mestras e mestres asistindo a unha charla sobre esta temática no propio CRA.

Sara Silva Uris tivo a amabilidade de ofrecerse a achegarnos de xeito desinteresado unha visión xeral e condensada desta realidade tan complexa. O dominio deste tema débese ao estudo académico e de campo realizado por ela para a confeción do seu proxecto de fin de carreira, que tratou este tema, e que nos achegou nesta charla.

 

Preme aquí para consultar a documentación creada pola poñente Sara Silva Uris sobre este tema.

 

Grazas a Sara por dedicarnos este tempo e iluminarnos sobre a realidade das nenas e nenos trans*.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut