Os nenos e nenas da escola de Fornelos celebramos o SAMAÍN e o fixemos coa visita do alumnado de Marzán. Pasamos unha mañá moi divertida e tamén terrorífica . Comezamos cunha historia e un conxuro, para posteriormente realizar unha serie de acertixos e de probas que nos abrían a porta da escola deinfantil, na cal comezamos á elaboración de postres maléficos e propios deste día.
Os nenos e nenas da escola de Fornelos (de educación infantil e primaria) saímos ao supermercado do Rosal para mercar os ingredientes necesarios na elaboración das receitas que faremos na celebración dos aniversarios!!!
Os nenos e nenas da escola de Novás (de educación infantil e primaria) realizamos nestre primeiro trimestre un taller de cociña, no cal elaboramos un biscoito de cabaza con cobertura de chocolate.
Os nenos e nenas da escola de Novás infantil e primaria, estamos listos para comezar e afrontar este novo curso escolar con ilusión; polo que vos iremos mostrando multitude e diversidade de fotos con todo o que vaiamos investigando e aprendendo.
Os nenos e nenas da escola de Pias(de educación infantil e primaria) estamos listos para comezar e afrontar este novo curso con ilusión. Pouco a pouco vos iremos mostrando fotos de todo o que imos invetigando e aprendendo!
Os nenos e nenas da escola de Fornelos (de educación infantil e primaria) estamos listos para comezar e afrontar este novo curso con ilusión. Pouco a pouco vos iremos mostrando fotos de todo o que imos invetigando e aprendendo!
Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a décima edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!
E para despedirnos quedamos pola mañá todo o CRA na escola de Marzán para desfrutar dunha festa con xogos, música, merenda aportada polas familias e moitas cousas máis.
O alumnado do CRA, en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega, elaborou uns pousavasos para dar a coñecer os diferentes elementos da contorna. Estes pousavasos estarán presentes en diferentes establecementos do Rosal.