Skip to Content

Todos os niveis

Visita dos Reis Magos - Decembro 2018

20/12/2017 09:00
20/12/2017 14:00

O pasado Mércores 20 de Decembro os alumnos do CRA recibiron a visita das súas maxestades nas escolas. Como foron moi bos durante todo o ano trouxéronlles moitos regalos e os nosos nenos agradecéronllo adicandolle un baile.

                                    

 

Revista "O Bufo Fich nº8" - Xuño 2017

30/06/2017 09:00
30/06/2017 14:00

Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a oitava edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!

Preme aquí para descargala en formato "pdf".

Moi bo verán a todas e todos!!!

 

Festa de fin de curso - Xuño 2017

22/06/2017 09:00
22/06/2017 14:00

Xa está... O curso 2016-17 toca ao seu fin!

E para despedirnos quedamos pola mañá todo o CRA na escola de Marzán para desfrutar dunha festa con xogos, música, merenda aportada polas familias e moitas cousas máis.

 

Visita da protectora de animais de Tui - Xuño 2017

19/06/2017 09:00
19/06/2017 14:00

Na escola de Fornelos recibimos a visita da protectora de animais de Tui chamada "Aloia". Viñeron a falarnos e sensibilizarnos sobre os animais protexidos e as mascotas que moitas veces a xente abandona cando xa lles molestan no seu día a día.

Trouxeron un can que se chamaba turrón, que foi abandonado e recollérono nesta protectora de animais.

Foi moi bonito!!!

 

Contos de Carlos Casares - Maio 2017

31/05/2017 09:00
31/05/2017 14:00

Con motivo da celebración das Letras Galegas este ano facemos unha adaptación plástica e audiovisual de varios traballos e datos da vida do escritor homenaxeado este ano: Carlos Casares.

 

Cada aula decide o xeito de plasmar o conto ou contido que lle corresponde:

- Aula de Novás Ed. Infantil: A formiga esquiadora, do libro A galiña azul.

- Aulas de Couso Ed. Infantil: A galiña azul, do libro A galiña azul.

- Aula de Marzán Ed. Infantil: O peixe da fonte do xardín, do libro A galiña azul.

- Aula de Tabagón Ed. Infantil: Querida Ana, do libro A galiña azul.

- Aula de Fornelos Ed. Infantil: A bomba da felicidade, do libro A galiña azul.

- Aulas de Pías Ed. Infantil e Primaria: libro As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas.

- Aula de Fornelos Ed. Primaria: biografía de Carlos Casares.

- Aula de Novás Ed. Primaria: bibliografía de Carlos Casares.

 

Moito ensaio, moito traballo e moita creatividade para decidir que facer en cada escola... Moitas grazas pola enerxía e gañas postas para facelo. O resultado paga ben a pena!!!

 

A Voz de Zambrano - Marzo 2017

24/05/2017 09:00
24/05/2017 14:00

Aquí temos unha publicación do noso propio xornal "A voz de Zambrano". A actividade consistiu en recoller as cousas máis salientables deste mes de marzo e xuntalas para poder facer o noso propio xornal.

Quedou moi chulo.

 

Día do Libro - Abril 2017

21/04/2017 09:00
21/04/2017 14:00

As nenas e nenos do CRA imos á escola de Tabagón toda a mañá para celebrar o Día do Libro cun montón de obradoiros e actividades moi chulas: rincóns con actividades, flores de papel, postais, marcapáxinas...

Menudo éxito de día!!! Ao chegar fixemos os seis grupos mesturadndo idades e aulas de todo o CRA. Cada grupo foi cun mestre ou mestra a unha das seis actividades, onde agardaban outras mestras e mestres para facernos o obradoiro. Había poesía musical, parellas, minilibros, curtametraxe, quen é quen, xogos literarios, contacontos... Fomos rotando cada media hora polos obradoiros ata completalos todos. Estiveron xenial!!!

Despois descansamos un pouco mentres tomamos a merenda. E a contuación xogo libre mentres, por grupos, pasabamos polo mercadillo de libros onde puidemos escoller un para levar para casa.

Un día espectacular. Bravo!!!!

 

Contacontos Día dos Avós - Abril 2017

17/04/2017 09:00
21/04/2017 14:00

As nenas e nos do CRA recibimos a visita de dúas persoas moi especiais que viñeron a cada clase para falar con nós sobre as nosas avoas e avós, o que nos gusta facer con eles, como nos coidan e nos fan rir, que historias nos contan...

Despois de falar un pouco cada un contáronnos un conto moi chulo cun teatro de sombras!!! Que bonito e emocionante...

E para rematar fixéronnos un agasallo: unha bonita flor de tea impregnada un arrecendo moi agradable.

 

Moitas gracias ás nais voluntarias que se ofreceron e levaron a cabo esta preciosa actividade para poñer en valor ás nosas avoas e avós. Foi un éxito!!!

 

Charla de sensibilización sobre ANEAE - Abril 2017

04/04/2017 16:00
04/04/2017 17:00

"Adentrándonos nos silencios para entender miradas" O alumnado con necesidades educativas especiais é unha realidade que existe dende hai tempo, pero, inda que hai moito investigado sobre isto, segue sendo un tema no que debemos estar sensibiliados e formados especificamente. No CRA participamos deste camiño coma claustro de mestras e mestres asistindo a unha charla sobre esta temática no propio CRA.

Moitas grazas a Silvia Estévez Villar, psicopedagoga con ampla experiencia neste campo, por vir a darnos un pouco de luz e estímulo de xeito desinteresado.

 

Preme aquí para máis información sobre educación inclusiva ou aquí para ver un documento sobre "aulas felices".

 

Contacontos con Paco Nogueiras - Abril 2017

03/04/2017 09:00
03/04/2017 14:00

As nenas e nenos do CRA imos ao Polivalente do Rosal para desfrutar dun contacontos con Paco Nogueiras. Imos escoitar varios contos curtos acompañados de música en directo. O alumnado das escolas de Pías, Fornelos e Marzán van á sesión das 10:00. O alumnado das escolas de Couso, Tabagón e Novás, á das 11:00.

Foi unha actividade xenial. Estivemos con Paco Nogueiras, que nos contou tres contos moi chulos sobre árbores, cantamos e rios con él, que trouxo un ukelele e un acordeón.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut