Skip to Content

Educación Infantil

Teatro "O Mago de Oz" - Marzo 2018

13/03/2018 09:00
13/03/2018 14:00

O Martes 13 de Marzo os alumnos do CRA visitamos a sala de teatro Ártika en Vigo para desfrutar da obra do "Mago de Oz" da compañía Avento Produccións. Os nenos e nenas pasarono xenial coa obra e o rematar a mesma comimos algo no teatro e as aulas de infantil volveron para O Rosal, e as de primaria visitaron o museo Liste e o parque de Castrelos.

CONTACONTOS CON PACO NOGUEIRAS - Marzo 2018

05/03/2018 11:15
05/03/2018 14:00

As nenas e nenos do CRA imos a biblioteca municipal do Rosal para desfrutar dun contacontos con Paco Nogueiras. Imos escoitar varios contos curtos acompañados de música en directo. O alumnado das escolas de Couso, Fornelos e Tabagón van á sesión das 11:15 e o alumnado das escolas de Pías, Marzán e Novás, á das 12:00.

Foi unha actividade xenial. Estivemos con Paco Nogueiras e contounos tres contos moi chulos: "A horta de Simón", "Grisela" e "Tomás o bromista", coa axuda do acordeón e do ukelele co que nos fixo cantar e bailar a todos.

 

 

Día "A nena na Ciencia" - Febreiro 2018

16/02/2018 09:00
16/02/2018 14:00

As nenas e nenos do CRA celebraron nas súas aulas o día da nena na ciencia, e para facelo realizaron diferentes experimentos que resumimos en un video.


 

Entroido - Febreiro 2018

09/02/2018 09:00
09/02/2018 14:00

Vivimos un entroido moi chulo. Durante toda a semana o "meco" foi mandándonos vir vestidos ao colexio cunha bata, cos calcetíns por enriba dos pantalóns, coa roupa do revés... O día da festa chegou todo o mundo á escola de Novás (algúns incluso en tractor). Despois de prepararnos e vestirnos comezou o desfile. Cada colexio fíxolle unha homenaxe a unha muller: a escola de Pías vestíuse de Pippi Langstrump, a de Novás de piratas  en honra a Mary Read, a de Fornelos de Hipatía de Alexandría, a de Couso de Monstruo de Cores en honra a Ana LLlenas e as de Tabgón e Marzán de Cleopatras.

Desfrutamos dun mercadillo impresionante organizado pola ANPA no que as familias donaron previamente produtos naturais e artesanais para poñelos á venda ese día. Os cartos recaudados van destinados a actividades para as nenas e nenos do CRA.

Tamén houbo unha rifa solidaria de dúas cestas con produtos de alimentación para recaudar fondos para as actividades destinadas ás nenas e nenos do CRA.

Ademais entregáronse os premios do concurso de fotografía de cociña en familia do CRA.

E todo isto culminado cun rato de baile e merenda. Foi un gran día.

MATEMÁTICAS DANZADAS - SESIÓN 8 (31-01-18)

31/01/2018 12:00
31/01/2018 14:00

Os alumnos e alumnas de primaria das escolas de Novás e Fornelos están levando a cabo un obradoiro sobre "Matemáticas danzadas" impartido por Mercedes Prieto, deste xeito aprenden conceptos matemáticos a través da danza.

Na quinta sesión que se levou a cabo na escola de Fornelos, os alumnos e alumnas, ademais de repasar os conceptos traballados nas sesións anteriores, traballaron diferentes conceptos coma o círculo (facendo círculos, atopando o centro...), xogos de imitación, e traballamos con cancións como "Abre a Roda", "Ballo dei gobbi", "Centro ó centro" ou "Sete xestos". Para rematar fixemos, cun novelo de lá, unha arañeira pasándonolo e dicindo nome de a quen llo tirabamos, e logo decirlle algo de despedida a Mercedes. 

III CONCURSO FOTOGRÁFICO "COCIÑANDO EN FAMILIA" - Xaneiro 2018

08/01/2018 09:00
19/01/2018 14:00

 Por tercer ano o noso colexio volve a levar a cabo o concurso fotográfico para os nenos e familias. Este ano a temática irá enfocada á cociña en familia, polo que dende o 8 de Xaneiro ata o 19 dese mesmo mes os alumnos poderán entregar os seus traballos.

ANIMAMOS A TODAS AS FAMILIAS A PARTICIPAR!!! MANS Á OBRA!!!!

                                    

 

Visita dos Reis Magos - Decembro 2018

20/12/2017 09:00
20/12/2017 14:00

O pasado Mércores 20 de Decembro os alumnos do CRA recibiron a visita das súas maxestades nas escolas. Como foron moi bos durante todo o ano trouxéronlles moitos regalos e os nosos nenos agradecéronllo adicandolle un baile.

                                    

 

Revista "O Bufo Fich nº8" - Xuño 2017

30/06/2017 09:00
30/06/2017 14:00

Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a oitava edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!

Preme aquí para descargala en formato "pdf".

Moi bo verán a todas e todos!!!

 

Festa de fin de curso - Xuño 2017

22/06/2017 09:00
22/06/2017 14:00

Xa está... O curso 2016-17 toca ao seu fin!

E para despedirnos quedamos pola mañá todo o CRA na escola de Marzán para desfrutar dunha festa con xogos, música, merenda aportada polas familias e moitas cousas máis.

 

Visita da protectora de animais de Tui - Xuño 2017

19/06/2017 09:00
19/06/2017 14:00

Na escola de Fornelos recibimos a visita da protectora de animais de Tui chamada "Aloia". Viñeron a falarnos e sensibilizarnos sobre os animais protexidos e as mascotas que moitas veces a xente abandona cando xa lles molestan no seu día a día.

Trouxeron un can que se chamaba turrón, que foi abandonado e recollérono nesta protectora de animais.

Foi moi bonito!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut