Recollemos as cenorias que plantamos en outono
24 de abril de 2024
Hoxe recollemos as cenorias que plantamos en outubro. Con todo o que choveu, a verdade é que non puidemos vir moito ao horto a coidar das nosas cenorias e quedaron un pouco pequenas e con formas raras.
Collimos as cenorias para poder facer un biscoito e para deixar o bancal libre para poder plantar cousas novas.