Skip to Content

Convivencia na casa de Moncho e Toia - Xuño 2016

17/06/2016 09:00
18/06/2016 14:00

Primeiro chegou David Castro, un pouco antes das 7. Logo foron chegando Sheila, Lucía, Sabela, Valeria, Leire, Borja e Iago. Estaban esperando para entrar ao tempo, xa que traían agasallos. Sheila fixera unha princesa Ariel e os nomes de Moncho e Toia. Sabela un marcador de libros e un debuxo. Valeria fixo un corazón e unha cara de monstro. Leire fixo tamén un marcador, no que saían os arcos da escola. Os regalos colectivos foron un arando, un libro asinado polos 9 e unha barra de chocolate.

Logo de falar un bo anaco fóra, despedímonos das familias e entramos na casa. Con Toia preparamos o pan na panificadora. Despois fomos dar unha volta ata a Pesqueira. Polo camiño topamos a Jairo e Lucas, vimos ao pai de Sabela, ao avó de Sheila, a avoa de Iago, a avoa e avó de Leire, a Aarón e a Martín.

Chegando vimos a Toia que ía buscar a pizza, a empanada e o xeado. Xa na casa esperamos e empezamos a ver o partido de fútbol de España con Turquía. Chegou Toia e comemos. Vimos coma o pan parecía que quería saír.

Despois o fútbol foinos cansando e tocamos o piano con Toia. Despois xogamos a xogos de mesa e pouco a pouco fomos durmindo. Na habitación grande estaban Lucía, Sabela e Toia nunha cama e Valeria, Leire e Sheila noutra. No salón durmiron Iago e David nun sofá e Borja noutro. Moncho noutra habitación.

Pola mañá primeiro espertaron as nenas que, con Toia, estiveron falando de Van Gogh e vendo cadros del. Tamén contaron adiviñas. Logo chegaron os nenos. Fomos almorzando por quendas, lavándonos os dentes, vestíndonos e preparando a equipaxe e, ao rematar, tocamos o piano..

Logo vimos unha película do conto de Hansel e Grettel e de Rapunzel e despedímonos de Toia, que marchaba. Logo xogamos, puxemos gorros e bolsos de Toia. Demos un paseo por fóra da casa.

Gran despedida para o curso!!!

 



actividade | by Dr. Radut