Eventos
Xa temos aquís as fotos desta divertidísima actividade proposta dende a biblioteca!!
A través da lectura do conto "Unha eiruga moi larpeira"aproveitamos para traballar diferentes temáticas: a alimentación e a pirámide alimenticia, xunto cunha actividade moi creativa chamada "Croc and play". Trátase dunha pequena praca-circuita que, a través de cables, permite conectar ó ordenador calquera elemento conductor e convertilo nun mando co que poder xogar. E, nesta ocasión experimentamos con mandarinas, e sabedes que? soaban como un piano!
QUEDAMOS TODOS/AS ALUCINADOS!!!
Continuamos co traballo tecnolóxico e de robótica no CRA, e nesta ocasión contamos cun robot pequeniño e moi gracioso chamado "OZOBOT". Este foi pasando ao longo destes meses por cada unha das unitarias e nos permite traballar unha amplia cantidade de conceptos, como por exemplo; traballo cooperativo, as cores, os aros olímpicos e continentes, os trazos,etc.
NOS ENCANTA INVESTIGAR E COÑECER!!!