Skip to Content

Eventos

Select event type to filter by
Venres Decembro 20, 2019
Comezo:20/12/2019 09:00
Final:20/12/2019 14:00

Durante este trimestre estivemos traballando cousiñas que a priori parecen moi sinxelas, como barrer, limpar as mesas, a vaixela e os cristais, dobrar panos ou pór a mesa, pero que implican aprendizaxes moi importantes: esperar a quenda, atención, concentración, axuda ós compañeiros/as, vida práctica...

Guiño AÍNDA NON TEMOS 3 ANOS, PERO SOMOS MOI AUTÓNOMOS!!!

Venres Xaneiro 10, 2020
Comezo:10/01/2020 09:00
Final:10/01/2020 14:00

Como xa mostramos e mencionamos en publicacións anteriores, estivo rulando polas diferentes aulas e localidades do CRA a nosa "maleta científica". E, aquí temos algunhas das fotiños do seu traballo e posta en práctica. 

O PASAMOS INCREIBLE!!!

 

Mércores Xaneiro 15, 2020
Comezo:15/01/2020 09:00
Final:15/01/2020 11:32

Xa temos aquís as fotos desta divertidísima actividade proposta dende a biblioteca!!

A través da lectura do conto "Unha eiruga moi larpeira"aproveitamos para traballar diferentes temáticas: a alimentación e a pirámide alimenticia, xunto cunha actividade moi creativa chamada "Croc and play". Trátase dunha pequena praca-circuita que, a través de cables, permite conectar ó ordenador calquera elemento conductor e convertilo nun mando co que poder xogar. E, nesta ocasión experimentamos con mandarinas, e sabedes que? soaban como un piano!

 

QUEDAMOS TODOS/AS ALUCINADOS!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut