Eventos
Hoxe no CRA Mª Zambrano, coa aportación e a axuda da "Biblioteca Anisia Miranda", estamos conmemorando o día da diversidade funcional que se celebra cada 3 de decembro.
O alumnado estivo investigando e todo o recollido o plasmarán nun libro cooperativvo con diferentes deportes paralímpicos: paranatación, tenis en cadeira de rodas, voleibol adaptado...
XUNTOS COA DIVERSIDADE FUNCIONAL!!!
Durante este trimestre estivemos traballando cousiñas que a priori parecen moi sinxelas, como barrer, limpar as mesas, a vaixela e os cristais, dobrar panos ou pór a mesa, pero que implican aprendizaxes moi importantes: esperar a quenda, atención, concentración, axuda ós compañeiros/as, vida práctica...
AÍNDA NON TEMOS 3 ANOS, PERO SOMOS MOI AUTÓNOMOS!!!