Skip to Content

Eventos

Select event type to filter by
Mércores Novembro 27, 2019
Comezo:27/11/2019 09:00
Final:27/11/2019 13:00

Os nenos e nenas da escola de Fornelos infantil realizamos nestre primeiro trimestre un obradoiro de cociña, no cal elaboramos as nosas "GALLETAS OLÍMPICAS", dado que estamos centrados no traballo dos aros olímpicos e os continentes (dentro do proxecto das CRAOLIMPÍADAS). 

Guiño NOS ENCANTA COCIÑAR, E QUE RICAS NOS SAIROONNN!!!

Martes Decembro 03, 2019
Comezo:03/12/2019 09:00
Final:03/12/2019 14:00

Hoxe no CRA Mª Zambrano, coa aportación e a axuda da "Biblioteca Anisia Miranda", estamos conmemorando o día da diversidade funcional que se celebra cada 3 de decembro. 

O alumnado estivo investigando e todo o recollido o plasmarán nun libro cooperativvo con diferentes deportes paralímpicos: paranatación, tenis en cadeira de rodas, voleibol adaptado...

XUNTOS COA DIVERSIDADE FUNCIONAL!!!

 

Venres Decembro 20, 2019
Comezo:20/12/2019 09:00
Final:20/12/2019 14:00

Durante este trimestre estivemos traballando cousiñas que a priori parecen moi sinxelas, como barrer, limpar as mesas, a vaixela e os cristais, dobrar panos ou pór a mesa, pero que implican aprendizaxes moi importantes: esperar a quenda, atención, concentración, axuda ós compañeiros/as, vida práctica...

Guiño AÍNDA NON TEMOS 3 ANOS, PERO SOMOS MOI AUTÓNOMOS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut